¿Tes comentarios sobre a plataforma de informes MyCovenant?

xoves, 23 Febreiro, 2023 - 00:00

O Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía, xunto co Centro Común de Investigación da Comisión Europea abren unha enquisa dirixida a todas as cidades asinantes de Pacto

Esta enquisa da aos representantes das cidades asinantes a posibilidade de expresar a súa opinion sobre o desenvolvemento do marco de presentación de informes e seguimento do Pacto en Europa e a mellora continua da plataforma de presentación de informes My Covenant.

Asrespostas á enquisa incorporaranse á consulta anual do Pacto que terá lugar na primeira metade do 2023 

Responder á enquisa levará menos de 10 minutos e ningunha das preguntas é obrigatoria, sen embargo, recoméndase responder a toda enquisa.

Pode acceder á enquisa ata o 17 de marzo de 2023 aquí.