A terra como recurso (escaso): aumentar o uso do espazo e dos edificios

luns, 15 Maio, 2023 - 00:00

No marco da Semana Europea da Enerxía Sostible celebrarase un evento paralelo no que se tratará o tema da terra como recurso escaso

Nun contexto de escaseza de solo urbano e loita contra o cambio climático, moitos espazos urbanos e edificios permanecen paradoxamente subocupados. Aínda que a forma de concibir a cidade evolucionou, as cidades seguen consumindo demasiados recursos, recursos nos cales se inclúen o solo e os materiais de construción. A modo de exemplo, se a industria do cemento fose un país, este sería o terceiro maior emisor do mundo.

O obradoiro explorará formas alternativas de desenvolver unha cidade, particularmente ocupándose primeiro dos edificios existentes e compartindo mellor a contorna construída. Polo mesmo, ten a intención de conectar ás cidades europeas para permitirlles inspirarse, intercambiar e explorar  alternativas á expansión urbana e centrarse en renovación, densificación e reparación.

Os participantes terán a oportunidade de discutir en pequenos grupos con cidades pioneiras que reactivan edificios vacíos, densifican os seus territorios a través de enfoques innovadores como BIMBY (Build In My Back Yard) ou facilitan usos temporais.

Está dirixido principalmente a autoridades locais de todos os tamaños que desexen abordar o problema da expansión urbana e comprender os desafíos e os factores que enfrontan outros municipios, e limitado a 35 participantes como  máximo para permitir a interactividade e o intercambio entre os participantes.

O evento será o xoves 22 de xuño de 09:00h a 15:00h. Se está interesado/a en asistir, deberá rexistrarse a través do seguinte enlace.