Os Premios City in the Spotlight 2022, que chegan á súa 4ª edición, premiarán a aqueles asinantes do Pacto das Alcaldías, con obxectivos a 2030 ou 2050, que demostren o maior compromiso, motivación e progreso cara á neutralidade climática. Premiarase sobre todo a aqueles que estean a traballar para aliviar a pobreza enerxética e aplicando medidas de aforro de enerxía.
Os Premios do Pacto 2022 están abertos a todos os asinantes do Pacto dos Alcaldes de Europa que teñan polo menos os obxectivos de mitigación e adaptación de 2030, e que cumpran con todos os requisitos do Pacto, especialmente en canto á presentación de informes.
Asignarase un premio para cada unha das seguintes categorías
- 1 asinante de tamaño pequeno (<50.000 habitantes)
- 1 asinante de tamaño medio (50.000- 250.000 habitantes)
- 1 asinante de tamaño grande (>250.000 habitantes)
Os gañadores dos Premios 2022 serán convidados a participar na Semana Europea das Rexións e as Cidades, onde se anunciarán na sesión do Pacto dos Alcaldes " RePowerEU: o papel das cidades e as rexións na aceleración da transición ás enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética" o 12 de outubro en Bruxelas.