A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías informa dunha nova edición do European Green Capital. Este premio entrégase todos os anos a unha cidade europea con máis de 100.000 habitantes comprometida coa sostiblidade ambiental, social e económica.
Ser un European Green Capital trae varios beneficios en cuanto a gran visibilidade aos proxectos ambientais elaborados, incremento do turismo e investimento estranxeiro, potencialidade no mercado local e creación de emprego. Os gañadores e preseleccionados teñen a vantaxe de pertencer a unha rede exclusiva no que se proporciona apoio e unha plataforma para compartir coñecemento e boas prácticas. Ademais, os solicitantes manifestan que o proceso de aplicación tamén é beneficioso debido á avaliación do seu progreso e plans.
O prazo de presentación de solicitudes termina o 28 de outubro do 2020.
Para máis información pode consultar: https://www.egcaeglaportal.eu/
@GaliciaSostible #Compromiso