Seminario web sobre a "Transición enerxética e calidade do aire: solucións e boas prácticas"

mércores, 19 Abril, 2023 - 00:00

A serie de seminarios web "Transicións enerxéticas xustas nos Balcáns Occidentais e Ucrania" explora oportunidades e leccións aprendidas no camiño cara a eliminación do carbón

A través destes seminarios, nos cales se contará coa participación de varios expertos que traballan no camiño cara a transición enerxética xusta, tómanse como referencia as distintas rexións carboníferas e analízanse exemplos da UE, os Balcáns Occidentais e Ucrania.

A transición enerxética ofrece a oportunidade de abordar a contaminación do aire, entón, ¿cómo poden as rexións carboníferas aproveitala ao máximo? o seminario web "Transición enerxética e calidade do aire: solucións e boas prácticas" proporcionará aos asistentes exemplos prácticos e solucións centrándose, máis concretamente, en cómo o Municipio de Bitola (Macedonia) traballa cara unha transición enerxética xusta mentres se concentra na mellora da calidade do aire entre as súas prioridades.

O evento terá lugar o 27 de abril do 2023 ás 15:00h en liña. Para asistir é preciso rexistrarse no siguiente enlace.