A Semana Mundial da auga é a principal conferencia sobre cuestións relacionadas coa auga e atrae a participantes de máis de 130 países e de moi diversos ámbitos profesionais.
Ofrece unha inusual mestura de participantes e perspectivas, con sesións sobre unha ampla gama de temas relacionados coa auga, que van dende a seguridade alimentaria e a saúde, ata a agricultura, a tecnoloxía, a biodiversidade e a crise climática.
Centrada na colaboración e a aprendizaxe compartida, a Semana Mundial da auga é un importante catalizador do cambio e atrae a destacados investigadores, responsables da toma de decisións, representantes de empresas, ONG, estudantes e organizacións internacionais.
Aínda podes participar nalgún dos eventos, toda a información na seguinte ligazón: https://worldwaterweek.org