Semana Europea da Enerxía Sostible: Volverse verde e dixital para a transición enerxética de Europa

venres, 26 Agosto, 2022 - 00:00

A Semana Europea da Enerxía Sostible (EUSEW) é a edición 2022 desta convención, que terá un carácter presencial e on-line. A localización do evento será a cidade de Bruxelas e reunirá a participantes e relatoras de autoridades públicas, empresas privadas, proxectos, ONG e consumidores, todos co obxectivo de promover iniciativas de aforro enerxético e avanzar cara a enerxías renovables, limpas, seguras e eficientes.

A organización do evento dividirase en tres partes. Primeiro, unha conferencia de alto nivel sobre políticas, segundo, a celebración dos premios e por último, o terceiro “European youth energy day”.

A maiores, tamén se realizarán reunións bilaterais, caseta de exposicións e diversas actividades de networking.