A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías comparte este interesante artigo do Programa para o Medio Ambiente da ONU con recomendacións á hora de deseñar medidas de adaptación ao cambio climático baseadas na natureza.
Restaurar e protexer a natureza é unha das mellores estratexias para enfrontar o cambio climático, pero non só pola súa capacidade de absorber carbono da atmosfera. Os bosques, os humidais e outros ecosistemas actúan como amortiguadores contra o clima extremo e protexen casas, cultivos, fontes de auga doce e infraestrutura vital.
A estratexia de usar a natureza como defensa contra os impactos climáticos chámase adaptación baseada en ecosistemas (EbA): en esencia, coidar da natureza para que coide de nós.
Ligazón ao artigo completo: https://www.unenvironment.org/es/noticias-y-reportajes/reportajes/seis-formas-en-que-la-naturaleza-puede-protegernos-del-cambio
@GaliciaSostible #CambioClimático