Segunda convocatoria das Axudas da EUCF para proxectos de enerxía sostible

mércores, 10 Marzo, 2021 - 00:00

Nesta segunda rolda, seleccionarase un número aínda maior de cidades para beneficiarse dun apoio personalizado, rápido e simplificado e acceder á subvención de 60.000 € para desenvolver o seu concepto de investimento, un paso inicial cara a un plan empresarial e financeiro completo.  A convocatoria de solicitudes estará aberta do 29 de marzo ao 31 de maio.

Toda a información, incluídas as directrices revisadas para os solicitantes e os criterios de selección, estarán dispoñibles proximamente no sitio web da EUCF https://www.eucityfacility.eu/home.html 

@GaliciaSostible