Sabías que unha mellor infraestrutura enerxética fainos menos dependentes das importacións de enerxía?

venres, 28 Abril, 2023 - 00:00

Unha das prioridades chave da Unión Europea é garantir que todos os europeos teñan acceso a suministros de enerxía seguros, limpos e asequibles

A UE apoia diversos proxectos de infraestrutura enerxética, a miúdo transfronteirizos, que producen, almacenan e distribúen enerxía de maneira eficiente. Este apoio contribúe a un sistema enerxético máis integrado, esencial para lograr os obxectivos climáticos. Ademias de interconectar a infraestrutura enerxética e integrar aínda máis as enerxías renovables e as tecnoloxías limpas no sistema enerxético da Unión Europea, estes proxectos axudan a reducir a dependencia da Unión Europea das importacións de enerxía de terceiros países.

Ademáis, existe un mapa interactivo que mostra os proxectos de infraestrutura enerxética da UE así como as principais fontes de enerxía de cada país europeo. Se estas interesado/a, podes consultalo no seguinte enlace !