Galicia incrementa a súa produción eléctrica renovable nun 23,9% durante 2023
A produción renovable de Galicia incrementouse nun 23,9% durante 2023, supoñendo o 75,3% de toda a electricidade xerada na rexión no ano. Esta portentaxe das renovables no mix eléctrico rexional é a terceira máis alta en todo o país.
Con un total de 17.987 GWh renovables producidos durante este ano, Galicia mantén un ano máis a súa aposta pola transición ecolóxica. A eólica é a tecnoloxía que máis GWh aportou durante 2023 á estrutura de xeración da rexión, ata o 38,1% do total. De feito, o ano pasado Galicia foi tamén a terceira comunidade autónoma con maior xeración eléctrica a partir da forza do vento (9.086 GWh).
Tras a eólica, segue a hidráulica con unha cota do 35%, tecnoloxía que practicamente duplicou a súa aportación do ano anterior. Este incremento explícase porque 2022 foi un ano especialmente seco. O ciclo combinado, co 15,7% do total, a coxeración (4,8%) e o carbón (2,6%) experimentan descensos de máis do 25% con respecto á súa xeración de 2022.
A pesar disto, a produción total da rexión aumentou un 6,5% neste 2023 polo impulso das tecnoloxías renovables e situouse nos 23.872 GWh, o equivalente a case o 9% do total do Estado. Mentres que a demanda de enerxía eléctrica en Galicia en 2023 foi de 12.966 GWh, o que supón o 5,3% do conxunto de España.