A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías informa que a reciclaxe de envases plásticos en España medra nun 8%, acadando máis de 600.000 toneladas no 2019.
Cada habitante pasou de reciclar en torno a 12kg a reciclar 13kg de envases de plásticos procedentes do fogar. Case 1 kg máis que no exercicio anterior e 10 máis que no ano 2000. O consumo nos fogares non variou importantemente, polo que este incremento na reciclaxe débese a unha maior concienciación ambiental da poboación en torno á reciclaxe.
Ademais, segundo un estudo elaborado por Ecoembes sobre sostibilidade, compromiso ambiental e reciclaxe postcovid constata que a poboación nos últimos meses está máis concienciada dende o decreto de estado de alarma.
España segue estando á cabeza no reciclado de plásticos do fogar, segundo o informe do EPRO (European Plastic Recycling and Recovery Organization). Este informe sitúa a España en primeiro lugar por diante de Alemaña, Italia, Reino Unido e Francia.
@GaliciaSostible #Compromiso
Fonte: Sogama