O Centro de Asesoramento sobre Pobreza Enerxética (EPAH) organiza un seminario web onde se explicará o proceso para solicitar a asistencia técnica para abordar a pobreza enerxética.
Gobernos locais e/ou as organizacións que traballan en estreita colaboración cos gobernos locais dos 27 Estados membros da UE poderán asistir ao seminario para obter as directrices para presentar a súa solicitude de asistencia técnica e recibir apoio no proceso de loita contra a pobreza enerxética.
Os solicitantes poden enviar en liña a súa proposta a partires do 1 de marzo de 2023. Aqueles que resulten premiados recibirán ata 9 meses de apoio personalizado por parte de expertos e o equipo do EPAH para desenvolver as súas accións de pobreza enerxética. Queres saber máis sobre a convocatoria de asistencia técnica, cómo e por qué debes solicitala? Únase ao semirario web do 27 de febreiro ás 11:30h aquí. Está dirixido a solicitantes interesados de toda Europa cun enfoque espcial nos solicitantes da Comunidade do Pacto das Alcaldías.