REGILIENCE é unha organización creada para asistir aos actores rexionais da UE en canto á resiliencia climática
Johannes Klumpers, xefe da Secretaría Xeral, será o encargado de destacar, xunto a algúns compañeiros, as funcións que están a desenvolver desde a organización. Ten como obxectivo impartir unha sesión de formación sobre a resiliencia na paisaxe de comprendido pola Unión Europea. Falarase sobre as iniciativas máis interesantes, os proxectos e unha guía para a actuación dos distintos actores para recibir apoio nas súas necesidades e retos actuais.
Este proxecto, financiado polo Programa Horizonte 2020 da Unión Europea, sirve de apoio ás comunidades, cidades e rexións nos seus esforzos por construír camiños resilientes ao clima, facilitando a identificación e ampliación das solucións máis prometedoras.
Para que todo este apoio sexa efectivo, vanse implementar cerca de 700 actividades entre as que se inclúen eventos, como o que recolle esta noticia, capacitacións, titorías, mesas de axuda, material informativo e de comunicación e moitas outras. A duración deste proxecto é de 48 meses e está composto por 9 socios.
A data do evento é o 22 de marzo de 10:00h a 12:00h. Pode rexistrarse clicando aquí.