O sprint de aforro de enerxía das cidades é unha iniciativa conxunta da Comisión Europea, o Pacto das Alcaldías e o Comité Europeo das Rexións para animar ás cidades para tomar medidas que reduzan inmediatamente o seu consumo enerxético. O “Sprint” terá unha duración de 4 meses.
Como parte do plan REPowerEU, aumentar o aforro de enerxía é clave para prepararse para o próximo inverno. Cada kw/h aforrado agora permitiranos recargar os tanques de almacenamento e estar mellor preparados para o próximo inverno. Cada gramo de GEI evitado nos próximos meses será un paso importante para reducir o cambio climático. Por tanto, é importante actuar agora e durante a próxima estación fría.
Paralelamente a todas as medidas de cambios profundos, redución de consumos e transición enerxética, é urxente tomar hoxe medidas de aforro enerxético de emerxencia e planificar reducións de consumos enerxéticos durante o próximo inverno.
Para máis información acceda á seguinte ligazón