Publicadas as axudas para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca

martes, 4 Maio, 2021 - 00:00

Moitos dos municipios adheridos ao Pacto das Alcaldías inclúen nos seus PACES a redacción de Plans de Emerxencia ante situacións de Seca dentro das medias orientadas á adaptación ao cambio climático.

No DOG nº83 do 4 de maio publícase a RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU100A).

+INFO en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210504/AnuncioO143-220421-00...