Proxecto Libera - Ciencia Cidadá

venres, 24 Xaneiro, 2020 - 10:15

Dende o Centro de Asistencia aos Concellos do Pacto dos Alcaldes, coordinado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  da Xunta de Galicia, informamos da apertura da convocatoria para sumarse á iniciativa de Proxecto Libera "1m2 polos ríos, embalses e encoros", que dende o 7 ao 15 de marzo oganiza recollidas de Ciencia Cidadá nas diferentes contornas co obxectivo de que as agrupacións e colectivos saian a caracterizar os lixos atopados nos ecosistemas correspondentes. 

Esta inciativa é de gran interese para os concellos que forman parte da Comunidade do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía de @GaliciaSostible. Recomendamos a difusión deste evento entre os colectivos e asociacións do seu territorio que podan estar interesados, posto que un dos obxectivos de Pacto é a involucración da cidadanía na loita contra o cambio climático e a educación ambiental. 

Proxecto Libera apoiará a todas as organizacións que desexen colaborar con esta iniciativa. Antes do 7 de marzo enviarase un pack de participación cos materiais, que poderán indicarse no formulario de inscrición. Tamén se ofrecerá unha formación para os organizadores dos puntos. 

Compre lembrar que LIBERA é un proxecto da entidade SEO Bird Life organizado con ECOEMBES. No Marco do convenio que ten a Xunta de Galicia con ECOEMBES promovemos esta iniciativa.​

Máis información sobre o proxecto Ciencia Cidadá do Proxecto Libera AQUÍ  . Inscricións no seguinte ENLACE 

Axuda a crear unha metodoloxía científica que permita saber máis acerca dos lixos nestes ecosistemas. Data de peche de inscrición, 1 de marzo de 2020. 

#Sumar #Compromiso