Co Pacto Verde Europeo, a eficiencia enerxética foi recoñecida como un factor esencial para unha descarbonización asequible e rápida do sistema enerxético, así como para alcanzar os obxectivos de clima e enerxía no horizonte 2030 e 2050
Energy Efficiency Watch 4 (EEW4) é un proxecto financiado polo programa Horizonte 2020 cuxo obxectivo é axudar aos responsables políticos dos Estados membros da UE para mellorar o grao de éxito da aplicación dos instrumentos políticos para a eficiencia enerxética, contribuíndo así a alcanzar o obxectivo da Directiva de Eficiencia Enerxética (DEE). O proxecto pretende desenvolver narrativas para o ámbito nacional, rexional e local creando unha comprensión máis ampla dos múltiples beneficios da eficiencia enerxética.
Conta con 3 obxectivos:
1. Debater e difundir amplamente a esencia das directivas revisadas da UE en eficiencia enerxética baixo o paraugas do Clean Energy Package (CEP) con toma de decisións e as partes interesadas relevantes.
2. Crear un forte vínculo entre as políticas de eficiencia enerxéticas desencadeadas polas novas directivas da UE EEW e EPBD, e as narrativas de apoio.
3. Desenvolver e probar novas narrativas e fórmulas de recomendacións políticas.
O proxecto, que prevé a participación dos gobernos a todos os niveis, abordará todos os sectores das tecnoloxías de eficiencia enerxética, como os edificios, a industria ou os servizos, co fin de representar toda a gama de beneficios e contribucións da eficiencia enerxética.