Programa LIFE: a UE inviste 121 millóns de euros en proxectos de medio ambiente, natureza e acción polo clima

xoves, 18 Febreiro, 2021 - 00:00

A Comisión Europea anuncia un investimento de 121 millóns de euros en novos proxectos integrados do Programa LIFE de Medio Ambiente e Acción polo Clima.

Este financiamento, que representa un 20% máis que a do ano pasado, fomentará a recuperación ecolóxica e axudará a Bélxica, Alemaña, Irlanda, Francia, Hungría, Italia, Letonia, os Países Baixos, Polonia, Portugal e Eslovaquia a alcanzar os seus obxectivos ecolóxicos. Prevese que estes proxectos integrados canalicen cuantiosos fondos suplementarios, axudando aos Estados membros a aproveitar outras fontes de financiamento da UE, tales como os fondos agrarios, estruturais, rexionais e de investigación, así como fondos nacionais e investimentos do sector privado.

+INFO sobre os proxectos en https://ec.europa.eu/commission/presscorner/detail/es/ip_21_501 

@GaliciaSostible