Premio Conama á Sostibilidade de Pequenos e Medianos Municipios

luns, 8 Xuño, 2020 - 00:00

Desde a Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías informamos aos concellos galegos sobre esta iniciativa da Fundación Conama, de procura por todo o país de proxectos locais que promovan un desenvolvemento sostible.

O Premio Conama á Sustentabilidade de Pequenos e Medianos Municipios, é un galardón honorífico que distingue as mellores iniciativas do ámbito local a favor da sustentabilidade.

Aqueles municipios ou entidades locais que queiran presentar a súa candidatura poderán facelo desde o 1 de maio ata o 1 de outubro de 2020, a través do apartado "Presenta o teu Proxecto" na web http://www.conama2020.conama.org/web/index.php?lang=es

O galardón inclúe dúas categorías: menos de 5.000 habitantes e entre 5.000 e 30.000 habitantes ambos inclusive. Os premios serán entregados durante a celebración do Conama 2020, que se levará a cabo do 23 a 26 de novembro en Madrid.

@GaliciaSostible #Compromiso