A Comisión Europea emitiu o informe con orientacións técnicas a escala da UE sobre a adaptación dos edificios ao cambio climático
O 29 de marzo, foi o día no que este informe viu a luz. Consta de dúas partes, que foron publicadas de maneira separada, a primeira parte é unha orientación técnica, na que inclúe unha visión máis ampla, e unha guía de mellores prácticas centrada en accións máis concretas.
A primeira parte comeza cunha visión xeral das políticas e normas na Unión Europea relacionada cos edificios e a súa adaptación, continuado por un resumo do estado actual das pautas marcadas para a construción de deseño estrutural a nivel europeo e nacional, centrándose nas adaptacións ao cambio climático, a avaliación de riscos e un hipotético método para cualificar a resiliencia climática dos edificios.
En canto á segunda parte, as aplicacións son máis concretas. Proporcionan orientación técnica sobre medidas de adaptación ao cambio climático que gozan de importancia tanto para edificios novos como existentes nos distintos climas europeos, ademais tamén presenta solucións para os principais riscos climáticos que hai en cada contorno, por último, mostra as accións que poden axudar a optimizar o rendemento, ofrecendo estratexias aos afectados e responsables destes.
Este texto tamén é unha contribución á integración do principio de resiliencia climática dos edificios na aplicación das iniciativas do Pacto Verde da UE, como a Ola de Renovación, a Nova Bauhaus Europea... Pódese atopar pinchando nos seguintes enlaces a "Orientación técnica" e a "Guía de mellores prácticas".