O 16 de decembro, os membros da Plataforma de Grupos de interese anunciados polo Plan de Acción da UE: “Cara a unha contaminación cero do aire, a auga e o chan” reuníronse por primeira vez para comezar a desenvolver o seu programa de traballo 2022-2024, destinado a apoiar a implementación do Plan de acción. A Comisión Europea lanzou a plataforma xunto co Comité Europeo das Rexións.
O Plan de Acción Contaminación Cero é un produto crave do Pacto Verde que se adoptou o 12 de maio de 2021. Establece unha visión integrada para 2050 para reducir a contaminación a niveis que xa non sexan daniños á saúde humana e os ecosistemas naturais, así como metas intermedias para 2030, e accións para lograr os obxectivos.
A Plataforma de Grupos de Interese de Contaminación Cero axudará a cumprir coas iniciativas e accións emblemáticas establecidas no Plan de Acción de Contaminación Cero mediante:
- O encontro de actores de diferentes comunidades e áreas de especialización para abordar desafíos interrelacionados, p. ex. fortalecer unha axenda conxunta de medio ambiente e saúde;
- A definición dunha visión común sobre como lograr os obxectivos de contaminación cero;
- O desenvolvemento e divulgación de boas prácticas sobre temas transversais e creación de centros temáticos como o Clean Air Tech Hub.
A contaminación é a principal causa ambiental de enfermidades mentais e físicas, e de morte prematura, especialmente entre os grupos vulnerables como os nenos, as persoas con determinadas enfermidades e as xeracións maiores. As persoas que viven en áreas máis desfavorecidas a miúdo viven preto de sitios contaminados ou en áreas con fluxos de tráfico elevados. A contaminación é tamén una das principais razóns da perda de biodiversidade, diminuíndo a capacidade dos ecosistemas para brindar servizos como o secuestro de carbono e a descontaminación do aire e a auga.