Os sistemas de explotación atópanse en estado de prealerta

mércores, 22 Xullo, 2020 - 00:00

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia comunica que os sistemas de explotación, actualmente, atópanse en estado de prealerta. Os valores actuais nas rías en prealerta, Río Mera (15), Ría de Santa Marta de Ortigueira (15), Ría de Cedeira (15), Río Sor (16), Ría Santa Marta de Ortigueira (16), Ría de Viveiro (16), Río Lando (17), Río Ouro (17), Río Masma (18) e Ría de Ribadeo (19) rexistran unhas cifras inferiores ás normais nos indicadores de caudal de río para esta época do ano de forma continuada

O resto de sistemas mantense en estado de normalidade. 

Para máis información pode consultar a páxina de Augas de Galicia da Xunta: https://augasdegalicia.xunta.gal/