martes, 19 Maio, 2020 - 00:00
A Oficina Técnica da Xunta de Galicia para o Pacto dos Alcaldes informa da adhesión dos Concellos de Val do Dubra e A Pontenova, aprobados esta semana pola Covenant of Mayors.
Coa súa incorporación a Comunidade do Pacto en Galicia acada a cifra de 192 concellos adheridos.
A Xunta de Galicia apoia, asesora e axuda aos concellos adheridos ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía no seu compromiso de reducir as emisións de CO2 no seu territorio para o ano 2030 en, polo menos, o 40% a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, así como na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia fronte a este nos seus territorios.
@GaliciaSostible #Compromiso