Os Concellos de Cenlle, Boborás, Pereiro de Aguiar e Ourense reciben asesoramento telemático para a elaboración do PACES

venres, 3 Abril, 2020 - 00:00

Durante esta semana a Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, coordinada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, mantivo reunións telemáticas cos Concellos de Cenlle, Boborás, Pereiro de Aguiar e Ourense, nos que o persoal técnico informou aos traballadores e representantes municipais dos pasos a seguir para a elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible - PACES, así como solventar dúbidas xeradas durante o proceso de redacción do mesmo.

A Xunta de Galicia continúa así a prestar asesoramento telemático individualizado aos Concellos galegos. Nos vindeiros días continuarán as reunións telemáticas cos Concellos adheridos ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía Sostible. Todos aqueles concellos que precisen asesoramento, tanto para a adhesión como para a realización do PACES, poden contactar coa Oficina Técnica por vía telefónica no 670506359 ou no correo electrónico pactodealcaldes@xunta.gal.

@GaliciaSostible #Compromiso