ONU Cambio Climático: Nova calculadora da pegada de carbono para apoiar a acción climática

mércores, 15 Xullo, 2020 - 00:00

A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías informa da publicación da Calculadora 2030, unha innovadora calculadora da pegada climática que axudará a consumidores, fabricantes e marcas a medir o impacto climático dalgúns bens de consumo. O desenvolvemento desta aplicación foi dirixido pola empresa sueca de alta tecnoloxía  Doconomy, que se asociou con ONU Cambio Climático para aumentar a conciencia entre os interesados sobre o impacto climático das súas accións.

A Calculadora 2030 reúne datos para proporcionar aos usuarios unha estimación da pegada climática das súas compras. Dese modo, a ferramenta poderá axudar ás empresas e marcas a tomar decisións responsables con respecto á sustentabilidade dos seus produtos, mesmo dentro das súas cadeas de subministración, e a aumentar a conciencia dos consumidores sobre as consecuencias das súas compras, coa esperanza de fomentar cambios de comportamento.

A calculadora tamén está vinculada á Plataforma para a compensación da pegada de carbono das Nacións Unidas. Isto permite aos usuarios da aplicación tomar medidas climáticas inmediatas ao contribuír a proxectos ecolóxicos examinados polas Nacións Unidas que, ademais, traballan para lograr o Acordo de París sobre o Cambio Climático e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

+INFO en https://unfccc.int/es/news/nueva-calculadora-de-la-huella-de-carbono-para-apoyar-la-accion-climatica

@GaliciaSostible #Compromiso