Os representantes destes concellos, xa adheridos ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, comprometéronse a traballar de inmediato na elaboración do PACES, que sustenta o cumprimento dos compromisos da adhesión ao Pacto.
Persoal da Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento co financiado con fondos FEDER e coordinado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, visitou esta semana os Concellos de Tui, Cortegada, Corcubión e Coristanco, para manter reunións presenciais con políticos e técnicos municipais, e orientadas ao asesoramento na elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) de cada municipio.
Os municipios adheridos teñen ata dous anos para elaborar o seu PACES, que está articulado sobre un inventario de emisións de referencia (IER), e inclúe estratexias de mitigación e de adaptación ao cambio climático.
Ademais do apoio técnico, a Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes dispón dun Observatorio de Fondos e Convocatorias, no que se identifican diferentes axudas e instrumentos de financiación dispoñibles para accións e proxectos relacionados co Cambio Climático.
E ti, súmaste á iniciativa?
@GaliciaSostible #Compromiso