A Xunta de Galicia ofrece asesoramento individualizado aos Concellos galegos adheridos ao Pacto dos Alcaldes para a elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible – PACES.
Membros da Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, instrumento co financiado con fondos FEDER e coordinado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, desprazáronse durante a última semana aos Concellos de Triacastela, Cospeito, Ribadumia e Sobrado dos Monxes, co obxectivo de manter reunións presenciais con políticos e técnicos municipais.
Os municipios adheridos teñen ata dous anos para elaborar o PACES, que está articulado sobre un inventario de emisións de referencia (IER), e inclúe estratexias de mitigación e de adaptación ao cambio climático.
Ademais, a Xunta de Galicia pon a disposición dos concellos adheridos ao Pacto dun Observatorio de Fondos e Convocatorias, no que se identifican diferentes axudas e instrumentos de financiación dispoñibles para accións e proxectos relacionados co Cambio Climático.
E ti, súmaste á iniciativa?
@GaliciaSostible #Compromiso