A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías proporciona aos Concellos galegos ferramentas de cálculo e estimacións para elaborar o PACES

venres, 19 Xuño, 2020 - 00:00

Durante os últimos días, os 209 Concellos adheridos ao Pacto das Alcaldías están a recibir un conxunto de ferramentas de cálculo e estimacións individualizadas elaboradas pola Oficina Técnica da Xunta, co obxectivo de facilitar aos Concellos a elaboración dos PACES. 

Acompañadas dunha guía metodolóxica, a Oficina Técnica facilitou as seguintes ferramentas e estimacións:

  • Perfil climático adaptado a cada Concello

  • Estimacións de consumo de enerxía final do sector de edificios residenciais

  • Estimacións de consumo de enerxía final do sector transporte privado e comercial

  • Ferramenta de cambio de unidades a Mwh

  • Factores de emisión , en tCO2/Mwh

  • Ferramenta para a estimación de consumos enerxéticos do tr​ansporte público, en Mwh

  • Ferramenta de estimación de emisións debidas ao tratamento de augas residuais, en teqCO2

  • Ferramenta de estimación de emisións debidas ao tratamento dos RSU, en teqCO2

Ademais, facilitáronse as útimas guías e plantillas publicadas pola Covenant of Mayors EU para a elaboración do PACES.

Esta actuación ven a complementar os máis de 250 asesoramentos individualizados realizados dende a posta en funcionamento da Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías a comezos de 2019, así como as 10 formacións telemáticas realizadas nos últimos meses, onde precisamente se traballou no uso e aplicación das ferramentas e estimacións sobre as plantillas PACES facilitadas polo Pacto das Alcaldías Europa.

A Xunta de Galicia coordinadora do Pacto das Alcaldías en Galicia

Compre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, é a coordinadora do Pacto dos Alcaldes da Unión Europea para o Clima e a Enerxía en Galicia, quen ven traballando cos Concellos galegos promovendo e apoiando a súa adhesión e a consecución dos seus compromisos. Para facilitar esta labor, a Xunta de Galicia creou, a Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes en Galicia, instrumento cofinanciado con Fondos Europeos FEDER.

A Xunta de Galicia apoia, asesora e axuda aos concellos adheridos ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía no seu compromiso de reducir as emisións de CO2 no seu territorio para o ano 2030 en, polo menos, o 40% a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, así como na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia fronte a este nos seus territorios.

@GaliciaSostible #Compromiso