A oficina europea do Pacto das Alcaldías organiza un seminario web sobre mobilidade eléctrica

mércores, 29 Marzo, 2023 - 00:00

O seminario web ten como obxectivo resaltar estudos de casos de cidades que implementaron diferentes modos de mobilidade eléctrica

O sector do transporte contribúe a un elevado número de emisións nas cidades. Por iso, é importante promover as modalidades de mobilidade de cero emisións. A mobilidade eléctrica pode ser unha forma importante de lograr este cambio cara o transporte sustentable. Pode contribuir a crear cidades máis seguras e limpas e loitar contra o cambio climático. Particularmente para as cidades, a mobilidade eléctrica pode desempeñar un papel primordial xa que o Acordo Verde Europeo se propón lograr unha reducción do 90% nas emisións relacionadas co transporte para 2050.

Cidades de toda Europa comezaron a incorporar a mobilidade eléctrica nos seus sistemas de transporte. A vantaxe da mobilidade eléctrica é a súa versatiidade, xa que é compatible con diversas formas de transporte, non so de automóbiles, senón tamén autobuses, furgonetas, camións, motocicletas, scooters e bicicletas.

O seminario web celebrarase o mércores 19 de abril ás 11:00h e terá unha duración de hora e media. Podes inscribirte pinchando no seguinte enlace.