Obxectivos de recollida separada de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE)

mércores, 15 Abril, 2020 - 00:00

A Oficina Técnica da Xunta de Galicia para Pacto dos Alcaldes informa da publicación dos obxectivos mínimos de recollida separada de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) que deben cumprir os fabricantes destes aparellos a través dos sistemas de responsabilidade ampliada para este ano 2020.

Así, a cantidade que se ten que recoller no 2020 de RAEE de uso doméstico é de 22.699 toneladas e de uso profesional 5.397 toneladas.

Para que se poidan alcanzar estas cantidades de recollida de RAEE é moi importante que todos os cidadáns colaboremos empregando os puntos limpos que hai nos concellos ou as tendas onde se venden e onde podemos depositalos para a súa correcta xestión.

Ligazon/s relacionadas

#Compromiso @GaliciaSostible