O Repositorio de Comunidades Enerxéticas da UE presentou unha guía de ferramentas dixitais para comunidades enerxéticas

luns, 29 Maio, 2023 - 00:00

O 25 de maio publicouse a guía que ten como obxectivo proporcionar exemplos prácticos para responder ás necesidades e desafíos destas comunidades

A Comisión Europea busca mellorar e promover o intercambio de coñecementos sobre as ferramentas dixitais existentes, con programas adaptados ás necesidades dos diferentes grupos demográficos.

O Repositorio de Comunidades Enerxéticas centrouse en diferentes ámbitos de actuación, entre os que se atopan:

  • xestión interna
  • comercio entre pares
  • pronóstico de enerxía
  • monitoreo de enerxía
  • resposta da demanda
  • mobilidade limpa
  • servizos de renovación do fogar

Dende o Repositorio apuntan a que esta guía non pretende ser exhaustiva, nin tampouco representa unha avaliación ou aprobación cualitativa das solucións presentadas. Din que, simplemente, ten como obxectivo ilustrar diferentes categorías de solucións dixitais que responden a algunhas das necesidades e desafíos expresados polas comunidades enerxéticas ao propio Repositorio de Comunidades Enerxéticas.

Pode acceder á guía a través do seguinte enlace.