Os membros do Parlamento Europeo chegan a un acordo co Consello Europeo para elevar de 32% a 42.5% o consumo de renovables
O obxectivo de impulsar as enerxías renovables vén da man do Pacto Verde e REPowerEU. Aínda que o obxectivo marcado sexa de 42.5%, os Estados deben de intentar alcanzar o 45%. Ademais deste cambio de obxectivo, nesta lexislación recóllese a aceleración dos procesos para a explotación de centrais de enerxía renovable.
Mediante estas medidas de avance das renovables, búscase unha redución dos gases de efecto invernadoiro xerados polo sector do transporte que se fixa nun 14.5%. Para favorecer á consecución do obxectivo, usarase unha maior proporción de biocarburantes avanzados e unha maior cota para os combustibles renovables de orixe non biolóxica, o hidróxeno por exemplo.
Os Eurodiputados, tamén esixiron ser máis estritos co uso da biomasa, e supervisar dunha forma máis eficaz a produción desta e os seus efectos negativos. O acordo informal terá agora que ser referendado tanto polo Parlamento como polo Consello para que se converta en lei.