O Consello Económico e Social de Galicia organiza unha sesión para dar a coñecer o informe sobre o sector enerxético galego
No día de onte, 15 de marzo, o Pleno do CES aprobou na sesión, de forma uniforme, o informe sobre "O sector enerxético: presente e futuro". A estrutura está composta por un total de 8 capítulos, os que tratan do contexto mundial, da Unión Europea e de España, o papel galego como xerador de enerxía, a análise do impacto social e económico do consumo en Galicia, as infraestruturas enerxéticas galegas, mercados de enerxía, análise de prezos, nivel de consumo, perspectivas de futuro e conclusións.
Este informe está escrito coa colaboración da Universidade da Coruña, que, xunto ao CES, buscan satisfacer as necesidades deste sector en canto ás medidas que se terán que adoptar no futuro nun contorno tan incerto, onde día a día se evoluciona. O escrito consta dunha análise do problema enerxético galego, que se podería enfocar á xeración de enerxía de maneira responsable co ambiente e a sociedade. Tamén se poñen de manifesto as enerxías renovables, xa que son as que nos van permitir respectar os requisitos en materia de custo e impacto, ademais de producir un rendemento socioeconómico favorable á Comunidade Autónoma.
O obxectivo do informe pódese plasmar como facer unha reflexión dos distintos actores no ámbito social e económico, dun xeito técnica e dun xeito máis ampla que inclúa as implicacións da sociedade.