O Parlamento Europeo e a Comisión publicaron o 25 de xaneiro un Eurobarómetro especial conxunto sobre o futuro de Europa.
Ao comezar 2022, designado Ano Europeo da Mocidade, a enquisa pon de relevo as opinións dos mozos europeos sobre os retos aos que se enfronta a Unión Europea, xunto co papel crave que os mozos están a desempeñar na Conferencia sobre o Futuro de Europa.
O Eurobarómetro mostra que o 91% dos mozos de entre 15 e 24 anos cre que abordar o cambio climático pode axudar a mellorar a súa propia saúde e benestar, mentres que o 84% dos maiores de 55 anos está de acordo. Case un de cada dous europeos (49%) considera que o cambio climático é o principal reto global para o futuro da UE, cun apoio abafador aos obxectivos ambientais do Pacto Verde Europeo: o 88% dos europeos cre que é importante aumentar a cota de enerxía renovable na nosa economía e ter unha maior eficiencia enerxética, mentres que o 80% está de acordo na importancia de converter a Europa no primeiro continente climáticamente neutro do mundo para 2050 e de promover o crecemento do mercado de vehículos de cero e baixas emisións.
Algúns resultados crave foron:
- Nove de cada dez novos europeos están de acordo en que a loita contra o cambio climático pode contribuír a mellorar a súa propia saúde e benestar (o 91% dos que teñen entre 15 e 24 anos), mentres que o 87% de todos os enquisados tamén comparten este sentimento
- O 81% dos enquisados di estar contento de vivir na UE
- O 68% dos europeos está de acordo en que a UE é un lugar de estabilidade nun mundo axitado; mentres que o 67% está de acordo en que o proxecto da UE ofrece unha perspectiva de futuro para a mocidade europea
Para máis información: https://europa.eu/eurobarometer/surveys/detail/2554