A Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento co financiado con Fondos FEDER e coordinado dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, informa que o European Commission’s Joint Research Centre (JRC) está a medir o impacto nos índices de polución dos principais signatarios do Pacto dos Alcaldes.
Os esforzos das autoridades locais asinantes do Pacto, que en Galicia xa suman 186 concellos, ademáis de ter impactos positivos na mitigación do cambio climático, están a mellorar a calidade do aire. Este organismo, despóis de ter verificado estes impactos positivos no 2018 sobre 1600 asinantes, está a realizar unha análise máis extensa sobre esta cuestión, ao tempo que vai poñer a disposición das autoridades locais unha ferramenta para avaliar a mellora da calidade do aire.
Dende a Xunta de Galicia ofrécese asesoramento individualizado aos Concellos de Galicia que desexen unirse ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, Ademais, pon a disposición dos concellos adheridos ao Pacto dun Observatorio de Fondos e Convocatorias, no que se identifican diferentes axudas e instrumentos de financiación dispoñibles para accións e proxectos relacionados co Cambio Climático.
E ti, súmaste á iniciativa?
@GaliciaSostible