O EUCF ten como obxectivo apoiar aos municipios e autoridades locais no desenvolvemento de conceptos de inversión relacionados coa implementación de accións identificadas nos seus plans de acción climáticos e enerxéticos
Os municipios, as autoridades locais e as entidades públicas locais son o motor da transición enerxética sostible en Europa. Ademais, tamén desempeñan un papel crave na agrupación de proxectos máis pequenos en carteiras de investimento máis grandes e na mobilización de importantes recursos financeiros necesarios para a transición enerxética.
Establecido no marco do Programa Horizonte 2020 da Unión Europea, e cofinanciado como parte do Programa LIFE, o European City Facility apoia aos municipios, ás autoridades locais, ás súas agrupacións e o público local para permitirlles desenvolver conceptos de investimento relevantes relacionados coa implementación de accións indentificadas nos seus plans de acción para o clima e a enerxía.
A convocatoria está aberta a todas as autoridades locais e agrupacións dos 27 Estados membro da UE, Islandia e Ucraína. Así, a EUCF financiará a un total de 70 beneficiarios cunha subvención fixa de 60.000 euros.
Para finalizar, os solicitantes deberán contar cun plan de clima e/o enerxía. Isto inclúe os PACES (Plans de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible), desenvoltos dentro do Pacto dos Alcaldes, ou outros plans climáticos e/o enerxéticos con obxectivos de mitigación.
As solicitudes poderanse presentar ata o 30 de xuño de 2023 ás 17:00h a través do seguinte enlace.