O Cumio sobre a Ambición Climática finaliza con ambiciosos compromisos e plans específicos

martes, 15 Decembro, 2020 - 00:00

Un importante número de líderes mundiais comprometidos cos obxectivos climáticos lograron dar este sábado un gran paso cara a un futuro de cero emisións netas de carbono, ao presentar novos compromisos ambiciosos, medidas urxentes e plans concretos para facer fronte á crise climática.

O Cumuio sobre a Ambición Climática, convocada polas Nacións Unidas, o Reino Unido e Francia, en asociación con Italia e Chile no marco do quinto aniversario do Acordo de París, supuxo un importante fito no camiño cara á crucial conferencia das Nacións Unidas sobre o clima, a COP-26, que se celebrará na cidade escocesa de Glasgow o próximo mes de novembro.

Setenta e cinco líderes de nacións que inclúen a todos os continentes do mundo esbozaron unha serie de novos compromisos durante o Cumio, dando un claro sinal de que o Acordo de París serve para aumentar rapidamente tanto a acción como as ambicións climáticas.

A pesar dos múltiples desafíos que provoca a pandemia do coronavirus, o Cumio demostrou que o cambio climático e as súas múltiples evidencias ao redor do planeta ocupan un lugar prioritario na axenda da comunidade mundial.

Aínda que queda un longo camiño por percorrer para manter o aumento da temperatura mundial en 1,5º C, o Cumio demostrou o aumento da ambición climática.

Os anuncios realizados antes e durante o evento, xunto aos previstos para inicios do 2021, implican que unha serie de países que representan ao redor do 65% das emisións mundiais de CO2 e ao redor do 70% da economía mundial, comprometéronse a alcanzar o nivel de emisións netas cero ou a neutralidade do carbono a principios do próximo ano.

Estes compromisos agora deben apoiarse agora con plans e accións concretas e o Cumio deu un impulso ao progreso nesta fronte.

+INFO en https://news.un.org/es/story/2020/12/1485522

@GaliciaSostible