Nun comunicado, o Consello Internacional de Aeroportos (ACI) e empresarios da aviación recoñeceu a necesidade de asistencia na transición cara a unha economía menos prexudicial co medio ambiente e a posta en marcha de estratexias que teñan como obxectivo a redución de emisións segundo os termos tratados no Acordo de París e os obxectivos ambientais para 2050.
O comunicado foi dirixido cara aos países membros da Organización da Aviación Civil Internacional (OACI), organismo especializado das Nacións Unidas, creado para promover o desenvolvemento seguro e ordenado da aviación civil internacional en todo o mundo, onde se atopan países como España, Alemaña, Francia ou Estados Unidos.
O obxectivo proposto polo Consello Internacional de Aeroportos (ACI) é o de alcanzar zero emisións netas de carbono para 2050, compromiso que implica unha redución total de 21,2 gigatoneladas de carbono entre o ano 2021 e o 2050.