A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías anuncia que o Concello de A Pobra do Caramiñal presentou e aprobou o seu documento #PACES no último pleno municipal celebrado o luns 28 de setembro.
Trátase, polo tanto, dun compromiso derivado da incorporación do Concello da Pobra do Caramiñal ao Pacto das Alcaldías, tratado que recolle por primeira vez compromisos concretos para as administracións locais. A adhesión aprobouse na sesión plenaria do día 28 de febreiro de 2019, así como cumprir cos obxectivos marcados.
O PACES pobrense subirase á plataforma da Oficina do Pacto das Alcaldías da Unión Europea e entrará en vigor unha vez que este organismo lle dea luz verde.
Compre indicar que o Concello da Pobra do Caramiñal foi beneficiario das Axudas para elaboración de PACES da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
+INFO en https://apobra.gal/aprobado-o-plan-de-reducion-das-emisions-de-co2-da-po...
@GaliciaSostible #Compromiso