A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías comparte a nova do Concello de Oroso na que se anuncia a finalización dos traballos de elaboración do PACES municipal.
Para realizar o plan, o concello elaborou un inventario de emisións municipal co obxectivo de obter un diagnóstico de referencia das emisións de GEI (Gases de Efecto Invernadoiro) resultantes do consumo de enerxía.
O Concello de Oroso emitiu á atmosfera, durante o ano 2014, 24.742,02 toneladas de CO2, o que corresponde a 3,34 toneladas de CO2 por habitante. O sector que máis contribúe ás emisións é o do transporte privado e comercial, responsable do 59,01%. Séguelle o sector edificios, equipamentos e instalacións residenciais cun 32,46%. O alumeamento público e os edificios municipais suman en conxunto o 1,96% das emisións totais.
As medidas propostas no plan prevén que o municipio de Oroso reduza as emisións de CO2 nun 40% ata 2030, con respecto ás emisións do ano 2014. As medidas de mitigación contemplan os diferentes sectores que contribúen ás emisións atmosféricas e pretenden unha redución máis efectiva no sector dos transportes (60% de redución de emisións en 2030), seguido do sector residencial e terciario.
+INFO en: https://www.concellooroso.com/show_content.php?section=4&subsection=29&c...
@GaliciaSostible #Compromiso