O Concello de Nigrán aproba o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible - PACES

luns, 2 Agosto, 2021 - 00:00

O Concello de Nigrán, adehrido ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía, aprobou en pleno municipal o o seu PACES, co que acadará unha reducción das emisións de CO2 nun 40% de aquí a 2030. Esto suporá que o municipio deixe de lanzar 23.271 toneladas de CO2 á atmósfera tomando como referencia as cifras do ano 2017.