venres, 23 Outubro, 2020 - 00:00
A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías informa que o Concello de Muxía activou a páxina web https://muxiapoloclima.info/ , encadrada dentro das tarefas de elaboración do PACES municipal, co obxectivo de fomentar a participación da veciñanza e difundir información sobre os compromisos adquiridos polo Concello coa súa adhesión ao Pacto das Alcaldías.
Compre lembrar que o Concello de Muxía é beneficiario das axudas PACES convocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
O enlace á páxina web é o seguinte: https://muxiapoloclima.info/
@GaliciaSostible #Compromiso