No marco do Pacto das Alcaldías sobre o Clima e a Enerxía, este luns tivo lugar en Lalín unha reunión na que a empresa que elabora o Plan de Acción para ou Clima e a Enerxía Sustentable PACES de Laín expuxo un resumo dos traballos realizados e dos acordos plenarios que hai que remitir á oficina do Pacto das Alcaldías da UE en Bruxelas.
O Concello de Lalín comprométese a reducir as emisións de CO2 e posiblemente outras emisións de gases de efecto invernadoiro no seu territorio de aquí ao 2030, en particular a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovables. De acordo con este Plan, os distintos departamentos deberán recompilar datos tanto de consumo de enerxía como de emisións de CO2 no municipio.
@GaliciaSostible #Compromiso