O Concello de A Guarda avanza nos traballos de elaboración do PACES municipal

luns, 26 Outubro, 2020 - 00:00

O pasado luns día 20 de outubro a empresa encargada de elaborar o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles (PACES) do Concello de A Guarda fixo a presentación deste proxecto, no que participarán os grupos políticos municipais, persoal municipal, así coma os propios cidadáns guardeses a través de diversas enquisas que se realizarán próximamente.
 

Entre as liñas de acción propostas está a de actuar sobre a flota de vehículos municipais co obxectivo de ter todos os vehículos eléctricos cara ao 2030.

 

+INFO en https://www.aguarda.es/a-guarda-avanza-na-redaccion-do-plan-de-accion-po...

 

@GaliciaSostible #Compromiso