O Comité Europeo das Rexións puxo en marcha unha enquisa para recoller as opinións das cidades e rexións sobre o Pacto Verde Europeo e ter un estado da cuestión da súa aplicación, dous anos despois da súa entrada en vigor.
Dous anos e medio despois de que a Comisión Europea puxese en marcha o "European Green Deal" en decembro de 2019, o panorama da UE cambiou moito. Nestes dous anos, fíxose moito a escala local na aplicación do Pacto Verde Europeo. Co fin de examinar máis de preto e facer un balance deste proceso desde a perspectiva das cidades, as rexións e as comunidades locais, para comprender mellor cales son as oportunidades e os retos que temos por diante no noso camiño para construír un continente neutro desde o punto de vista climático de forma xusta, ecolóxica e sostible, a UE pide ás autoridades e gobernos locais do Pacto dos Alcaldes que presenten as súas respostas.
Esta enquisa está dirixida aos membros do Comité das Rexións, aos eurodeputados, aos políticos locais e rexionais, ás partes interesadas e aos cidadáns que se interesan polas políticas verdes. Tamén pode ser considerada polos políticos locais como un instrumento para obter información sobre o Green Deal no seu propio territorio.
Os resultados e conclusións xerais recolleranse nun estudo e incorporaranse ao futuro labor lexislativo do Comité das Rexións, ademais de apoiar o barómetro anual da UE de 2022 sobre as rexións e os municipios.
A enquisa está dispoñible ata o 31 de maio, pode atopala aquí.