Acábase de lanzar unha convocatoria de mellores prácticas das autoridades locais e rexionais da UE donde poden mostrar os logros da súa cidade ou rexión e inspirar a outros a crear comunidades prósperas, saudables e sostibles
O Pacto Verde Europeo ten como obxectivo facer que o continente sexa climaticamente neutrol para 2050 a través de políticas e regulacións que están transformando a forma en que vivimos, consumimos, movemos, traballamos e producimos enerxía. As cidades e rexións da UE defenden solucións innovadoras para combater o cambio climático, a contaminación e a crise da biodiversidade. Ao implementar e compartir as mellores prácticas, as autoridades locais e rexinais impulsan un cambio significativo e axudan a dar forma a un futuro máis brillante nas nosas comunidades.
O Comité das Rexións invita aos gobernos locais e rexionais a cmpartir as súas iniciativas recentes ou en curso sobre: adaptación e mitigación climática, economía circular, asusntos enerxéticos (eficiencia enerxética, pobreza enerxética e enerxías renovables), mobilidade limpa, contaminación cero, reforestación, biodiversidade e ecoloxización urbana, presupostos verdes e, por último, desenvolver habilidades para a transición verde.
A través do seguinte formulario as cidades e rexións poden contribuir a este esforzo colectivo e aportar as mellores prácticas e casos de éxito.
A data límite para que as autoridades locais e rexionais podan enviar a súa contribución é ata o 30 de xuño de 2023.