venres, 8 Outubro, 2021 - 00:00
A industria forestal desempeñará un papel clave na transformación económica de Galicia, e por iso, o Clúster de Biomasa de Galicia ofrece diferentes actividades para formar e cualificar ao personal empregado no sector forestal e concretamente no setor da Biomasa.
Este programa de actividades de formación e difusión está co-financiada por XERA, Axencia Galega da Industria Forestal.
A maior parte das actividades están aliñadas coa Estratexia de Formación Xera e a Axenda de Impulso da Industria Forestal e engloban as seguintes temáticas:
- Fomento do talento humano e a adquisición de novas competencias tecnolóxicas.
- Divulgación dos beneficios, empresariais, sociais e ambientais da industria forestal e da biomasa.
PROGRAMA FORMATIVO:
- Transformación áxil no sector da Biomasa
- Prevención de Riscos en instalacións de Biomasa
- Compliance penal no sector da Biomasa
- Plan de igualdade para empresas de menos de 50 traballadores
- Programa de prevención de riscos legais nas empresas
- Formación na Plataforma Microsoft 365
- Formación SURE
- Pegada de Carbono e a súa neutralidade: xestión do carbono
- Ciclo de seminarios para arquitecturas e enxeñerías e Ciclo de seminarios para instaladores en biomasa