Se eres un municipio pequeno e rural que está considerando tomar medidas enerxéticas e climáticas, esta é a túa oportunidade para estar ao día e comezar a desenvolver e implementar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)
O Pacto das Alcaldías (CoM) está ampliando as súas actividades con un evento en liña coorganizado co proxecto Unión de Enerxía Sostible de Europa Central e Oriental (CEESEU), financiado polo programa Horizonte 2020, que se centra no desenvolvemento e a implementación dos PACES e PACES conxuntos en municipios pequenos e rurais.
No obradoiro participarán oradores de altpo nivel que representan á Dirección Xeral da Enerxía, a Dirección Xeral de Clima e a Dirección Xeral de Agricultura e que compartirán actualizacións sobre o apoio dispoñible para municipios pequenos e rurais.
Os métodos e enfoques prácticos para superar os bstáculos comúns para o desenvolvemento e a implementación de PACES presentaranse a través de exemplos de diferentes países da UE, destacando os desafíos e oportunidades para as autoridades locais. Ademais, invitarase aos asistentes a participar activamente na discusión, compartindo desafíos concretos e leccións aprendidas.
O seminario web terá lugar o xoves 8 de xuño de 2023 de 11:00h a 12:30h. Para participar, deberá rexistrarse no seguinte enlace.