Novas incorporacións a Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

mércores, 26 Febreiro, 2020 - 09:15

A Xunta de Galicia recibiu durante os últimos días a confirmación por parte da Oficina de Pacto dos Alcaldes de Europa da adhesión dos Concellos de Cospeito, Mesía, Sobrado dos Monxes, Ribadumia e Cedeira á iniciativa. Coa súa incorporación, a Comunidade do Pacto en Galicia acada a cifra de 185 municipios adheridos.

Compre lembrar que entre as funcións que ofrece a Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes en Galicia, coordinada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, están os servizos de axuda e acompañamento aos concellos galegos no proceso de adhesión ao Pacto.

E ti, súmaste á iniciativa?

@GaliciaSostible #Compromiso